O Concello de Laza conta con instalacións deportivas para cubrir algunhas das necesidades dos seus veciños: un Polideportivo Municipal, varias Piscinas Fluviais para a época estival en distintos pobos, etc..
Pavillón polideportivoDende fai uns anos, o pobo de Laza conta con un polideportivo. Situado no Toural, forma parte dun pequeno complexo adicado ao deporte.
Dentro do pavillón podemos practicar fútbol sala, baloncesto, voleibol, patinaxe en liña, etc., ou calquera outro deporte que se adapte a este tipo de instalación.
Nun lateral do Polideportivo atópase o Campo de Futbol, de herba natural. O estado no que atópase non é o que todos desexariamos. O acceso é libre.
Cando a calor empeza a chegar, o Concello de Laza conta con varias Piscinas Fluviais. Ademais dispoñen de zona de Merenderos, que fan o noso baño máis relaxante. O acceso é libre.
Hai piscinas fluviais en: Laza, Tamicelas, Matamá, Soutelo Verde e Retorta. Cada unha delas co seu encanto.
Parque infantilNo Toural, en Laza, poden disfrutar os máis pequenos da casa dun parque infantil, que reúne todas as condicións de seguridade para os máis pequenos.
O mellor de todo é o lugar no que se atopa, xa que está apartado do tránsito de vehículos, dentro do complexo do Toural.
Edificio dol Albergue de Peregrinos, construído para o descanso dos peregrinos que realizan la Vía da Prata.