O Concello

O Concello de Laza

O Concello de Laza atópase ao sur da provincia de Ourense, lindando cos Concellos de Castrelo do Val, Chandrexa de Queixa, Vilar de Barrio, Vilariño de Conso e Sarreaus. As súas terras están bañadas polo río Támega e os seus afluentes río Cabras e río Codias, así como un sen fin de regatos favorecidos pola orografía montañosa. Cunha superficie de 216,38 kilómetros cadrados é un dos Concellos máis grandes da provincia.

Escudo de LazaNo Concello distinguimos dúas zonas, unha montañosa e outra que é o Val do Támega. A montañosa está formada polas serras de San Mamede, Serra do Invernadeiro (Espazo Protexido), o Fial das Corzas, os Montes de Meda, etc.  

Podemos practicar os deportes da caza, sendeirismo, mountain bike; ou ben recoller os tan saborosos cogomelos dos innumerables pinares. Pola contra, no val atoparémosnos cos prados verdes regados pola augas do Tamega e os seus afluentes e regueiros, onde o deporte da pesca daravos bos momentos de ledicia.

Os veciños deste Municipio foron emigrantes, principalmente en Suíza e Alemaña. A día de hoxe queda algunha xeración nestes paises, pero xa se pode dicir que teñen instalada alí a súa residencia. Brasil e Arxentina foron outros países que acolleron nos tempos malos á os veciños do Concello, pero en menor número. O resto da emigración existente no Concello é no territorio nacional ( véxase Madrid, Barcelona e Guipúzcoa principalmente ). Nos veráns, parte destes veciños achéganse a ver ás súas familias, polo que a poboación aumenta dun xeito considerable.

Este val é coñecido en todo o territorio nacional. A súa mellor imaxe publicitaria é a celebración do Entroido. Cada ano visítannos a pasar estas festas xentes de todos os rincóns do mundo. Calquera visitante que se achegue , será bén recibido polos veciños desta comarca.

Teño que sinalar, moi ao meu pesar, que carece das suficientes infraestruturas para aloxar un turismo en masas, pero para tal situacón, o Concello atópase a moi poucos kilómetros dun núcleo urbano maior, Verín.

A Casa do Concello

Plaza do Outeiro - Antiga Casa ConsistorialCasa do ConcelloA Casa do Concello está situada no centro do pobo de Laza, no barrio do Castiñeiro, a carón das escolas municipais. Trátase dun edificio de granito no que se comparte instalacións con Protección Civil, co Centro de Saúde, con un Salón Cultural e coas oficinas de Correos.

Para poñerte en contacto co Concello de Laza pordes facelo mediante o teléfono Tlf: 988 42 20 02 ou ben a través do fax Fax: 988 42 21 02

Tamén podes visitar a Web oficial do Concello en: www.laza.es