O Concello

B.R.I.F. de Laza

As B.R.I.F., Brigadas de Reforzo de Incendios Forestais, naceron como consecuencia ante os constantes accidentes e mortes en España ante os grandes incendios, aqueles que superan as 500ha, e os problemas de combate xa que as comunidades autónomas encargadas deste problema, eran incapaces de facelos fronte.

A Brigada de Reforzo en Incendios Forestais con base en Laza estableceuse na campaña de verán de 2004 en terreos de titularidade municipal, nos que actualmente MARM está a instalar unha casa prefabricada para pilotos.

Os seus traballos lévanse a cabo tanto durante os períodos de verán coma de inverno.

Durante a campaña de verán a B.R.I.F.-A de Laza componse de tres equipos de extinción, formados, cada un, por dúas cuadrillas dun capataz e sete especialistas baixo o mando dun técnico (17 traballadores cada unha) cun total de 51 traballadores de extinción.

Ademais destes 51 postos de extinción, existen outros postos auxiliares cubertos por dous emisoristas, dous técnicos de base e un preparador físico, o que totaliza 56 postos de traballo directos, á parte do persoal aeronáutico. A organización dos tres equipos en tres quendas de traballo (mañá, tarde e descanso), permite manter a actuación da B.R.I.F. de forma continuada se a duración do incendio o require.

Para o seu desprazamento aos incendios, dispoñen de dous helicópteros medios de transporte, dotados de helibalde de 1.500 litros, de modo que actúan en apoio do traballo do persoal B.R.I.F. en terra con lanzamento de auga.

A saída a incendios da B.R.I.F. durante a campaña de verán estase a concentrar, principalmente, na provincia de Ourense e o noroeste peninsular, aínda que como medio de extinción de cobertura nacional están dispoñibles para actuar en calquera punto do territorio onde fosen necesarios, como aconteceu este verán durante a situación máis crítica dos últimos días de xullo, con actuacións en Tarragona, Teruel e Ávila. Nestas ocasións, un equipo desprázase en helicóptero dende a súa base para actuación inmediata no incendio, mentres que os equipos de relevo se moven por terra, quedando a B.R.I.F. desprazada temporalmente ao lugar do incendio e fóra da súa base.

Podes seguir a B.R.I.F. de Laza no Facebook na seguinte ligazón: