En EspañolCambia o idioma
| Home | Contacto | Mapa Web | Buscar |

Rutas por o Concello de Laza

No Concello de Laza atopamos unha rede inmensa de camiños e carrouchos que percorren a súa orografía: itinerarios como para perdernos no tempo como a Vía da Prata ou pequenos percorridos que podemos facer coa simple axuda de un mapa.

Así pois, en función da nosa preparación física, podemos afrontar algún dos percorridos que poden servir como exemplo: Ruta da Armada, Ruta da Mallada Grande, Ruta das Minas, Ruta da Pista do Marroquí, Ruta da Travesa ou a Ruta do Val do Támega.

Para os máis atrevidos falaremos da Vía da Prata. Ruta que percorre a Península de Sur a Norte. Laza, é cruce de camiños: o Camiño do Sur -que ven de Castela- e o Camiño Portugués - que como o nome indica, é o que ven procedente do país veciño-. Aquí trataremos soamente a parte que transcorre polo Concello de Laza. No desarroio das rutas os tempos así coma os km, son orientativos. Todos tendo en conta unha condición física inferior á normal. Si consideras que hai algún erro ou que algunha cousa non corresponde coa información que se facilita, podes comunicalo a través do contacto da web.

» Rutas:

Recomendacións básicas

En caso de accidente

Ante calquera accidente debemos da gardar calma ante todo. Valorar o tipo de accidente e sobre todo non  alarmar si non é de gravedade. Si polo contrario as feridas son de tal gravidade que se necesita evacuación, deberemos de recabar a seguinte información antes de chamar a os números de Emerxencia:

IMPORTANTE: Debemos pensar que durante unha mobilización inoportuna, alguén pode estar tamén en perigo. Se Racional á hora de chamar.

Free counter and web stats © 2010 Laza.info

Home | Concello | Turismo | Actividades | Foro | Administración

v.2010 - Naturaleza, cultura e tradicións dun Pobo.