Dende Laza temos acceso ao Parque Natural do Invernadeiro. É un espazo natural montañoso, situado ao sur do Macizo Central na Provincia de Ourense, entre os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, formado polas serras de San Mamede, Queixa, Manzaneda e o Fial dás Corzas, que constitúen o Macizo Central ourensán.
En Laza tomaremos a OR- 112 ata chegar ao pobo de Cerdedelo. Chegado aquí tomaremos a estrada en dirección a Camba. Nada máis saír do pobo de Cerdedelo, á altura dá Capela dá Virxe dá Pena Tallada, tomaremos o desvío á dereita. Continuaremos por esta estrada ata o próximo cruce, coñecido como a Forca dos Lobos. Aquí tomaremos a estrada que nos leva ao pobo de Portocamba e dende aquí a Campobecerros, o pobo máis próximo á entrada ao Parque.
Para máis información, podes visitar a web da Xunta de Galicia:
Dentro da comunidade galega, temos varios parques catalogados como Parques Naturais:
As novas comunicacións do sur de Galicia, facilitan o acercamento a outros espazos naturais así que, dende Laza, podemos visitar a tan só hora e media en coche: Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés ou Estación de Montaña de Manzaneda. Pola contra, si desexamos visitar outros espazos a maior distancia, temos:
Baixa Limia-Serra do Xures
Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
Eciña da Lastra - Las Fragas do Eume
Monte Aloia
Monte do Invernadeiro
Illas Atlánticas de Galicia
Si desexas saber máis sobre os espazos naturais de Galicia, visita este ligazón.