En EspañolCambia o idioma
| Home | Contacto | Mapa Web | Buscar |

Practica Deporte

No Concello de Laza podemos practicar infinidade de deportes en contacto coa natureza, e respetando o medio ambiente.

Dende fai uns anos, o pobo de Laza conta con un pavillón polideportivo que está situado no Toural. Forma parte dun pequeno complexo adicado ao deporte. Conta tamén con un pequeno campo de fútbol de herba natural, pero que non esta en moi bo estado.

Dentro do pavillón podemos practicar fútbol sala, baloncesto, voleibol, patinaxe en liña, etc., ou calquera outro deporte que se adapte a este tipo de instalación.

As estradas do Municipio teñen fama dentro do mundo do ciclismo de carretera. O pouco tráfico e a orografía variada, as fan ideais para a práctica de este deporte. Se nos saímos do asfalto e buscamos camiños de terra, as posibilidades aínda son mellores.

Deportes de augas bravas como o Kayak ou o Hidrospeed, poden ter cabida nos nosos ríos, sobre todo na tempada non estival, onde os ríos Támega e Cabras nos brindan un caudal de calidade e de dificultade.

Free counter and web stats © 2010 Laza.info

Home | Concello | Turismo | Actividades | Foro | Administración

v.2010 - Naturaleza, cultura e tradicións dun Pobo.